Centro de día

img_5053

O Centro de Día ten como finalidade principal ofrecer os apoios que a persoa precisa para o desenvolvemento dos seus obxectivos e/ou metas individuais, potenciando a autonomía e autodeterminación.

Poden ser usuarios do noso centro persoas maiores de 16 anos, con discapacidade intelectual, que presenten necesidades de apoio extensas e xeneralizadas para o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria. Na actualidade contamos con 28 usuarios.

A actividade principal do Centro xira en torno as dimensións de calidade de vida e o taller de creatividade.

5191407711_67132f70e0_b