Centro Ocupacional

centro-ocupacional-1

O Centro Ocupacional proporciona unha atención que habilita á persoa de forma integral, mediante programas ocupacionais e de axuste persoal e social co obxectivo de que os usuarios alcancen o maior grao de autonomía persoal e de competencia social, facilitando así a súa inclusión social e laboral.

A metodoloxía de traballo está baseada na elaboración e desenvolvemento dos Plans Individuais de Atención, en función das dimensións de calidade de vida e do plan de vida persoal.

Poderán ser usuarios/as do Centro Ocupacional as persoas a partir de 16 anos, con discapacidade intelectual. Na actualidade contamos con 37 usuarios.

Para a consecución dos obxectivos o Centro Ocupacional dispón de diferentes talleres e programas de formación.

La Levantina

TALLERES DO CENTRO OCUPACIONAL