Fondos públicos

Subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia (procedemento administrativo PR521A).

Resolución do 24 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para 2011 (procedemento administrativo PR521A).

  • Data da resolución de concesión: 2 de setembro de 2011.
  • Data de publicación no DOG: 26 de outubro de 2011.
  • Norma reguladora: Procedemento administrativo PR521A_2011.
  • Órgano concedente: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
  • Crédito orzamentario: 1.000.000 €.
  • Contía concedida: 10.795,43 €.
  • Título do Proxecto: Implantación dunha plataforma web de código aberto para traballo colaborativo en ACEESCA e actualización do equipamento informático
  • Resumo do proxecto subvencionado: O principal obxectivo deste proxecto foi o de implantar unha solución (web) de traballo colaborativo, para optimizar a comunicación e facilitar a coordinación de tarefas entre os distintos integrantes de ACEESCA e da súa contorna (educadores,terapeutas, coidadores, persoal administrativo, usuarios, familiares, etc.). Outro dos obxectivos do proxecto foi a incorporación de diversos equipos informáticos á entidade. Moitos dos departamentos e áreas non dispoñían do equipamento técnico necesario para que os membros de ACEESCA (persoal administrativo, profesionais, usuarios, etc.) puideran aproveitar as utilidades incorporadas polo software de traballo colaborativo implantado. Ademais, a instalación destes equipos resultaba imprescindible para garantir a igualdade de oportunidades no acceso a estas tecnoloxías e a plena incorporación dos integrantes de ACEESCA á Sociedade da Información e ás súas vantaxes.
    Polo tanto, co desenvolvemento do proxecto promoveuse ó aproveitamento e rendemento óptimo das novas tecnoloxías, así como a plena integración na Sociedade da Información das persoas que conforman ACEESCA (persoal laboral, usuarios e as súas familias). As numerosas vantaxes e melloras acadadas coa execución deste proxecto reverteron, en último término, nunha mellora na atención terapéutica e pedagóxica das persoas discapacitadas, principais destinatarios da labor de ACEESCA.

Descargar memoria explicativa do proxecto en arquivo pdf.

Proxecto Cofinanciado:
xunta
logo-europa