Nadaletas: moito mais que Libretas

O proxecto Nadaletas tén como obxetivo fundamental impartir contidos, de mans de usuarios do centro de día ACEESCA, a grupos de escolares, que saltan as páxinas das pequenas libretas para dar un paso máis na integración das persoas con discapacidade intelectual.

Nadaletas é un proxecto de inclusión, que une a grupos de escolares de Mos cun grupo de usuarios do centro de día ACEESCA que van a impartir semanalmente durante o mes de Decembro un taller nas escolas mosenses e tén como resultado final a elaboración dunha Libretiña con decoración navideña. Neste proceso de aprendizaxe no cal as persoas de ACEESCA comparten unha xornada de traballo con nenos de Primaria son eles os expertos en ensinar, expresar, dar a coñecer e guiar os escolares nun proceso de aprendizaxe en valores que debe traspasar as follas de moitas libretas.

nadaletas
Cea de Nadal
A por eles