Autoxestores

autoxestores

Este programa parte da consideración de que as persoas con discapacidade intelectual teñen o mesmo dereito que calquera outra persoa a guiar a súa vida, a opinar sobre aspectos relevantes para o seu desenvolvemento persoal e social: tomar decisións, defender os seus dereitos e obrigas, participar na sociedade e ter, en definitiva, responsabilidade sobre as súas vidas.

No ano 2011 constituíuse o grupo de autoxestores de Aceesca, formado por usuarios de Aceesca e dúas persoas de apoio. Este grupo reúnese periodicamente para tratar os diferentes temas que lles interesan, sendo ademais os encargados de representar aos seus compañeiros dentro e fóra da Organización.

dentro

OUTROS SERVIZOS