Baile moderno

baile-1

Os grupos de baile moderno de ACEESCA, compostos por usuarios e usuarias do centro ocupacional e centro de día, reúnese unha tarde á semana para aprender as cancións de moda, bailar e divertirse coa música máis actual (bachata, zumba, reguetón) aproveitando ademais para relacionarse bailando en grupo ou por parellas.

O baile moderno permítenos expresar e liberar os nosos sentimentos e estados de ánimo a través da música e a utilización do espazo. Axuda a desenvolver a coordinación, a lateralidade e o ritmo.

A complexidade dos pasos das coreografías é variable e planifícase de acordo ás capacidades de cada participante.

DSCF9405

OUTRAS ACTIVIDADES