Emprego con Apoio

O Servizo de Emprego con apoio consiste en proporcionar orientación e acompañamento individualizado para a busca de emprego e posterior incorporación aos postos de traballo das persoas con discapacidade intelectual.

A  preparadora laboral acompaña á persoa ao seu posto de traballo durante o tempo necesario, prestando os apoios oportunos e retirándoos pouco a pouco ata a adaptación plena da persoa no lugar de traballo de forma independente.

A formación teórica para o emprego é fundamental para conseguir este obxectivo.  ACEESCA realiza  esta actividade  de  forma continuada, tanto para traballadores en activo como para posibles candidatos a un posto de traballo. Esta formación vai acompañada de prácticas laborais.

OUTROS SERVIZOS