Equitación terapéutica

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Esta actividade ten como obxectivo principal a interacción do xinete co cabalo buscando o logro de fins terapéuticos e lúdicos, mediante o vínculo creado entre ambos.

A actividade de equitación terapéutica ten lugar nun centro hípico da comunidade, ao que acoden un grupo  de usuarios semanalmente participando en actividades nas que se pon en práctica: exercicios motrices,  de equilibrio, monta e coidado do cabalo; obtendo a través de esta metodoloxía beneficios fundamentalmente nas áreas de benestar físico e emocional.

Os resultados da actividade, desenvolta na entidade demde fai anos, maniféstanse na motivación dos usuarios que seguen participando da mesma, a mellora nas áreas de coordinación e equilibrio ou o incremento da autoestima na propia persoa durante e despois da sesión.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OUTRAS ACTIVIDADES