Fisioterapia

img_5074

O servizo de Fisioterapia céntrase no tratamento dos/as usuarios/as dos tres centros de ACEESCA  que presentan un trastorno do ton e da función debido a unha lesión do SNC (Sistema Nervioso Central). Para iso, elabórase e lévase a cabo un programa de recuperación sensitivo e cognitivo onde se abordan posibles alteracións da postura e do movemento para conseguir un maior grao de autonomía.

Os obxectivos que se pretenden conseguir son: reeducar a marcha, normalizar o ton postural para proporcionar maior estabilidade, facilitar reaccións para endereitarse e manter o equilibrio máis funcional, previr contracturas e deformidades e mellorar a capacidade e autonomía no desenvolvemento das actividades diarias.

img_5272

OUTROS SERVIZOS