Logopedia

IMG_5220

No Servizo de Logopedia atendemos a persoas do centro educativo, centro de día e ocupacional que presentan algún tipo de dificultade a nivel comunicativo ou algún trastorno na alimentación-deglución.

A través deste servizo pódense mellorar as capacidades comunicativas dos usuarios/as, mantendo nas mellores condicións a musculatura implicada na fala e a voz, estimulando e mellorando a comprensión e a expresión, e utilizando diferentes sistemas alternativos e aumentativos de comunicación para aqueles que non poden acceder á linguaxe oral (lingua de signos, comunicadores…).

Así mesmo, pódese mellorar a calidade da alimentación e nutrición, mantendo nas mellores condicións a musculatura implicada na alimentación, e traballando directamente na mastigación, manexo e deglución de diferentes alimentos.

IMG_5215

OUTROS SERVIZOS