Ocio

OCIO ACEESCA

O programa de ocio da entidade ten como obxectivo principal garantir e reivindicar o dereito de acceso ao ocio das persoas con discapacidade intelectual polos beneficios a diferentes niveis: identidade persoal, desenvolvemento da autodeterminación, fomento das relacións interpersoais, mellora do benestar físico e emocional,… que o seu desfrute implica.

Dende esta actividade trátase de ofrecer aos usuarios un modelo de ocio centrado na persoa, sendo esta a máxima responsable da planificación do seu tempo de ocio desenvolto na comunidade. O equipo da actividade asume a función de acompañar ás persoas neste proceso facilitando os recursos que o seu desenvolvemento precisa.

O programa de ocio inclúe os seguintes proxectos: Ocio Diúrno, Ocio Nocturno e Vacacións.

OCIO 2 ACEESCA

OUTRAS ACTIVIDADES