Psicoloxía

psicoloxia-2

O Servizo de Psicoloxía está orientado ao traballo en equipo entre as persoas con discapacidade intelectual, as súas familias e os profesionais, co obxectivo de mellorar, tanto a Calidade de Vida da persoas con discapacidade intelectual, como a da súa familia.

Isto conséguese, aumentando a capacidade de autocontrol das emocións, analizando as funcións que teñen para as persoas con discapacidade intelectual as condutas desadaptadas, avaliando anualmente os apoios necesarios en función das súas capacidades, formándoos como persoas social e sexualmente responsables; avaliando a sintomatoloxía psiquiátrica presente, acompañándoos no seu paso polos Servizos de Psiquiatría e Neuroloxía e favorecendo a súa autodeterminación e autoxestión no fogar e na sociedade.

psicoloxia-1

OUTROS SERVIZOS