Terapia ocupacional

terapia-ocupacional

Este servizo centra o seu labor en mellorar o desempeño persoal e social  dos/as usuarios/as a través do fomento da autonomía, a colaboración no tratamento rehabilitador interdisciplinar e facilitando o desempeño das actividades da vida diaria no fogar e no centro.
A terapeuta ocupacional realiza unha avaliación inicial de cada usuario de cara a programar os obxectivos de traballo en función das súas necesidades,  sempre dende una ollada interdisciplinar.

Utilizamos diferentes medios, entre os que cabe destacar a SALA SNOEZELEN,  que nos permite ter un total control da contorna para traballar capacidades sensoriais, físicas ou cognitivas específicas sen elementos disruptivos.

WEB1

OUTROS SERVIZOS