Servizo Traballo Social

Traballo Social

Desde este servizo a traballadora social realiza accións dirixidas a asesorar, orientar e dar resposta ás necesidades e demandas feitas polos usuarios/as e as familias.

Préstase apoio promovendo e ofrecendo recursos e prestacións sociais, todo orientado a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias.

Entre algunhas das actuacións que son competencia deste servizo atópanse: Informar e orientar sobre o procedemento de admisión nos Centros da  Asociación, informar, asesorar e xestionar servizos de apoio a familias tales como o respiro familiar, informar, asesorar e xestionar servizos do programa de ocio, campamentos e vacacións, asesorar nos trámites legais relativos aos usuarios dos centros (bolsas, axudas, pensións, situación legal), etc.

traballo-social

OUTROS SERVIZOS