Voluntarios en Alfacuca

O apoio da Consellería de Traballo e Benestar permitiu iniciar actividades na Aldea Alfacuca contando co apoio de voluntariado xuvenil, voluntarios da entidade, usuarios e profesionais de ACEESCA.

O proxecto Voluntarios en Alfacuca respaldado pola Consellería de Traballo e Benestar permitiu a participación de 8 voluntarios xuvenís en traballos agrícolas desenvoltos na aldea Alfacuca de Mos. Estas tarefas as que daremos continuidade consistiron en: desbroce e limpeza de parte do terreo, creación dun horto de verturas e hortalizas de temporada, horto de prantas aromáticas e mediciñais e cultivo de flores ornamentais

A por eles
ACEESCA celebra O Samaín