Voluntarios no Banco de Tapóns de O Baixo Miño

Dende a dimensión de Inclusión Social buscamos a presenza dos nosos usuarios na contorna apoiando campañas como a recollida de tapóns do Banco de O Baixo Miño colaborando con Laura, voluntaria do Banco.

Un xoves do mes un grupo de usuarios de centro de día desprazámonos ata as instalacións do Banco de Tapóns de O Baixo Miño para colaborar cunha das súas voluntarias na clasificación e almacenamento de tapóns.

Desta maneira incrementamos a nosa presenza na contorna, ofrecendo os nosos usuarios unha experiencia real de por en práctica valores como a solidariedade e a cooperación no marco dunha experiencia de voluntariado.

tapones
Axuda Fundación Once
Cea de Nadal