Centro Especial de Emprego

ACEESCA EMPREGO, S.L. é unha empresa creada coa finalidade de dar unha saída profesional ás persoas con discapacidade intelectual como paso previo a unha posible inserción laboral na empresa ordinaria.

A Entidade está calificada como Centro Especial de Emprego pola Consellería de Traballo co nº 104-GZ.

A súa principal  actividade produtiva é a Xardinería e a Produción de Planta de Tempada, complementándose con outras tales como transporte, xestión de residuos, limpeza de instalacións, apoio en comedor e actividades extraescolares, servizo de recepción, etc.

A contratación dun Centro Especial de Emprego por parte de calquera Empresa, contribúe ao cumprimento da Lei respecto á obriga que teñen de reserva de postos de traballo para persoas con discapacidade.

Solicita un orzamento

Información básica sobre protección de datos

  • Responsable ASOCIACION COMARCAL DE EDUCACION ESPECIAL SANTISIMO CRISTO DO AMOR
  • Finalidad Moderar los comentarios.
  • Destinatarios Tu consentimiento.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puede consultar la información detallada en https://aceesca.com/aviso-legal/.