Por que ser socio/a?
Coa túa achega contribúes a facer realidade os soños das persoas con diversidade intelectual. O teu apoio como cidadán é fundamental por tres grandes razóns:
-
Multiplicas o noso impacto: O número de socios da entidade repercute directamente nas axudas que percibimos de distintas organizacións, tanto públicas como privadas.
-
Sostés os nosos servizos: A túa cota destínase directamente á mellora e mantemento dos nosos centros, programas, proxectos e servizos diarios.
-
Dásnos independencia: Permítenos ter maior estabilidade e autonomía financeira, sen depender maioritariamente das subvencións públicas.
A túa solidaridade ten premio (Beneficios fiscais)
Aceesca é unha entidade declarada de Utilidade Pública, polo que a túa cota desgrava. Poderás deducirte ata o 80% da túa achega na túa próxima declaración da renda (IRPF). Apoiarnos case non che custará nada!
Únete a Aceesca nun só clic!
Simplificamos o noso proceso de alta. Xa non necesitas papeladas: só tes que pulsar o botón de abaixo e encher un sinxelo formulario en liña. Levarate menos dun minuto!

Pechar






