O Noso Centro Especial de Emprego

Na nosa aposta polo emprego das persoas con diversidade intelectual, imprescindible para alcanzar unha plena inclusión na sociedade, e ante as dificultades que atopabamos para a inserción laboral na empresa ordinaria, a Asociación Aceesca crea no ano 2006 un Centro Especial de Emprego “Aceesca Emprego S.L.”, que ten como finalidade dar unha saída profesional ás persoas con diversidade intelectual como paso previo á inserción laboral na empresa ordinaria.

A entidade está cualificada como Centro Especial de Emprego sen Ánimo de Lucro pola Consellería de Traballo co número de rexistro 104-GZ.

Rexistros de Aceesca Emprego S.L.:

 

Rexistros

Rexistro de Centros Especiais de Emprego Sen ánimo de lucro da Consellería de Traballo e Benestar

104-GZ

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia

4752

Inscrición de Aceesca Emprego, S.L. no Rexistro Oficial de Produtores e Operadores da Xunta de Galicia

PO-0449S

Inscrición no rexistro de explotacións agrarias de Galicia

36.039.01053

Inscrición como pequeno produtor de residuos perigosos  no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia

PO-RP-P-PP-03499

 

As nosas actividade principais son a Xardinería, Produción de planta no invernadoiro e Limpeza de Instalacións, complementándose con outras como acompañamento no transporte, xestión do punto limpo, mantemento das instalacións, apoio no comedor e servizo de recepción.

Contamos cun Sistema de Xestión da Calidade conforme á Norma ISO 9001:2015 para a realización das actividades de Xardinería e Limpeza, certificado por AENOR.

 



Aceesca - Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual
https://aceesca.com/
https://aceesca.com/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=256