Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Que é un Centro Especial de Emprego?

Os Centros Especiais de Emprego son empresas de economía social que nacen como fórmula de Emprego para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%. O seu obxectivo principal é proporcionarlles aos traballadores a realización dun traballo produtivo e remunerado, adecuado as súas características persoais e que facilite a integración laboral destes no mercado ordinario de traballo. Por iso, como mínimo o 70% do cadro de persoal debe estar constituído por persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%. A súa estrutura e organización é a mesma que a dunha empresa ordinaria.

Ademais de facilitarlles un emprego remunerado a estas persoas, os centros especiais de emprego garántenlles formación e apoio permanente na súa vida persoal e social, promovendo o tránsito á empresa ordinaria.

Considéranse centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS), aqueles que están promovidos e participados en máis dun 50%, directa ou indirectamente, por unha ou varias entidades, xa sexan públicas ou privadas, que non teñan ánimo de lucro e que teñan recoñecido o seu carácter social nos seus estatutos, xa sexan asociacións, fundacións, corporacións de dereito público, cooperativas de iniciativa social ou outras entidades de economía social, así como tamén aqueles que conten coa titularidade que corresponda a sociedades mercantís nas que a maioría do seu capital social sexa propiedade dalgunha das entidades sinaladas anteriormente, xa sexan de forma directa ou ben indirecta a través do concepto de sociedade dominante regulado no art. 42 do Código de Comercio, e sempre que en tódolos casos no seus estatutos ou en acordo social se obriguen á re-inversión íntegra dos seus beneficios para a creación de oportunidades de emprego para persoas con discapacidade e a mellora continua da súa competitividade e da súa actividade de economía social, tendo en todo caso facultade de optar por re-invertelos no propio CEE ou noutros CEEIS.

      Imprimir