Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Áreas

En Aceesca organizamos a intervención centrándonos en 4 áreas, que dan alcance ás necesidades das PERSOAS en toda o seu ciclo vital.

Área de Infancia e Xuventude

A Área de Infancia e Xuventude presenta un enfoque global e inclusivo do proceso da intervención educativa, que non está centrada nas dificultades dos alumnos senón en modificar a ensinanza para optimizar o proceso de aprendizaxe destes.

Área de Adultos

Na Área de Adultos contamos con 2 servizos de apoio para as persoas con diversidade intelectual a partir dos 16 anos de idade: o Centro Ocupacional e o Centro de Día.

Área de Emprego

Dende a Área de Emprego ofrecemos un conxunto de apoios para que a persoa con diversidade intelectual poida desenvolverse no ámbito laboral tendo en conta os seus intereses, necesidades e características, a través da elaboración de Itinerarios Personalizados de Inserción socio laboral (IPI).

Área de Familias

No II Plan Estratéxico creamos unha Área específica para Familias, coa finalidade de intensificar os apoios que poidan precisar. Neste sentido, estamos desenvolvendo accións específicas para as familias, recollidas no proxecto “Medrando Xuntas”, centradas en diversos servizos tales como: Traballo Social, Psicoloxía, Fisioterapia, Logopedia, Terapia Ocupacional, Respiro Familiar e Formación a Familias.