Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Traxectoria

Somos unha Asociación fundada no ano 1983, formada por persoas con diversidade intelectual, polos seus pais, familiares, ou representantes legais, e por todas aquelas persoas e entidades afíns a prestar apoios ás persoas con discapacidade intelectual.

Estamos rexistrados como entidade de iniciativa social, sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública no ano 2000, e temos como obxectivo a atención e promoción integral das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias.

Nos inicios, en Aceesca tíñamos a sede nun edificio dos antigos xulgados de O Porriño, trasladándose no ano 1996 ás instalacións actuais, grazas ao terreo cedido por este Concello.

Momentos clave no noso percorrido:

1983

  • Constitución da nosa Asociación e posta en funcionamento.

1985-1996

  • Asinado o Concerto Educativo.
  • Cesión dun terreo e inicio da construción das novas instalacións.
  • Asinado convenio para prazas do Centro Ocupacional.
  • Construción do módulo de Centro Educativo.

1997-2004

  • Traslado ás novas instalacións en Torneiros.
  • Declaración de Utilidade Pública.
  • Asinado convenio para prazas do Centro de Día.
  • Construción do módulo de Centro Ocupacional, Administración, Multiusos e Invernadoiro.
  • Acceso ao emprego de 4 usuarios.

2005-2014

  • Creación e Autorización do Centro Especial de Emprego: Aceesca Emprego, S.L.
  • Construción do Centro de Día.
  • Elaboración e aprobación do I Plan Estratéxico.
  • Creación do Grupo de Autoxestores.

2015-2019

  • Elaboración e aprobación do II Plan Estratéxico.
  • Despregue do novo Modelo de Intervención: Área de Educación, Área de Adultos, Área de Emprego e Área de Familias.
  • Acreditación en Calidade PLENA, etapa de Compromiso.
  • Inicio do proceso de acreditación en Calidade EFQM.
  • Certificación de Aceesca Emprego, S.L. en calidade ISO-9000.
  • Acreditación de Aceesca como Entidade de Formación.
      Imprimir