¿Que é?
Discapacidade Intelectual
O termo “Persoas con discapacidade” é o que está recoñecido, consensuado e establecido legalmente dentro da Convención de la ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, ratificada por España no 2007 e en vigor dende 2008, e o único que ten validez xurídica real, e explícitamente descrito pola disposición octava da Lei 39/2006 para todas as disposicións normativas elaboradas polas Administracións Públicas no noso País.
A Asociación Americana de discapacidades intelectuais e do desenvolvemento (AAIDD, antes AAMR) recolle na súa 11ª edición (2010) a siguiente definición de discapacidade intelectual:
“A discapacidade intelectual caracterízase por limitacións significativas tanto no funcionamento intelectual, como en conducta adaptativa, tal e como se manifestou en habilidades adaptativas, conceptuais e prácticas. Esta discapacidade orixínase antes dos 18 anos”.
Este enfoque concibe a discapacidade como o axuste entre as capacidades da Persona e o contexto no que ésta funciona e os apoios necesarios.
Diversidade Intelectual
Para incidir no importante da terminoloxía que utilizamos para referirnos ás Persoas con Discapacidade Intelectual, que é a PERSOA, empregamos o termo Diversidade Intelectual, xa que a nosa Misión, que é Mellorar a calidade de Vida das Persoas con Discapacidade Intelectual das súas familias e da contorna, promovendo o cumprimento dos seus dereitos e favorecendo a súa autonomía e autodeterminación, abrangue potenciar os talentos da Persoa por encima das súas dificultades e que a discapacidade intelectual ou do desenvolvemento é una característica máis, que implica uns apoios específicos na contorna.