Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Por qué contratar os servizos dun Centro Especial de Emprego?

A contratación de servizos do CEE computa como medida alternativa ao cumprimento da cota de reserva do 2% do cadro de persoal a favor de persoas con discapacidade en empresas de 50 ou máis traballadores establecida na Lei Xeral de Discapacidade, de conformidade co establecido no artigo 2.1 do Real Decreto 364/2005, do 8 de abril, polo cal se establecen medidas alternativas de carácter excepcional ao cumprimento da referida cota. Para cada medida alternativa existen uns importes que han de cumprirse por cada traballador non contratado directamente, sucedendo que no caso de optar pola contratación de servizo dun CEE, o importe anual de dita contratación ten que ser, polo menos, tres veces o IPREM anual por cada traballador con discapacidade non contratado.

Contribuír á creación de emprego para as persoas con discapacidade é unha medida de Responsabilidade Social Corporativa que pon en alza os valores de empresa e mellora a imaxe interna e externa da empresa.

      Imprimir