Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Xestión Punto Limpo

Dentro desta sección, Aceesca Emprego S.L.  xestiona o Punto Limpo de O Porriño, servizo contratado polo Concello de O Porriño, situado no Polígono de A Granxa. A través deste servizo,  os habitantes de O Porriño dispoñen dunhas instalacións onde depositar residuos, xeralmente de grande volume, que posteriormente son clasificados polo noso persoal e xestionado o seu transporte ás diferentes plantas de reciclaxe. Para a realización destas tarefas temos contratada unha persoa con discapacidade física e outra con discapacidade intelectual, que se ocupan de tódalas funcións necesarias dentro das instalacións.

Teléfono Punto Limpo de O Porriño: 986 342 147