Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

¿Por qué ser socio/a?

Coa túa aportación contribúes a facer realidade os soños das persoas con diversidade intelectual. O número de socios da entidade repercute directamente nas axudas que percibimos de distintas organizacións, tanto públicas como privadas. Ademais, a túa cota contribúe a poder levar a cabo a mellora e mantemento dos nosos centros, programas e servizos. Tamén nos permite maior independencia e estabilidade, sen ter que depender maioritariamente das axudas públicas.

Aceesca é unha entidade declarada de utilidade pública, polo que a cota que aportes como persoa física pódese deducir na declaración da renda das persoas físicas nun 75% do seu importe. E, no caso das empresas, tamén pode aplicarse unha dedución no imposto de sociedades.