Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Por qué ser voluntario/a?

Son moitos os motivos polos que podes facerte voluntario/a de Aceesca:

  • Porque podes medrar persoal e profesionalmente.
  • Porque poderás compartir experiencias e vivencias con persoas con diversidade intelectual.
  • Porque poderás ensinarlle a outros as túas habilidades e coñecementos.
  • Porque mellorará a túa autoestima, ao sentirte importante para as persoas.
  • Porque favorecerás a inclusión social das persoas con diversidade intelectual.
  • Porque formarás parte dun grande equipo humano.

E, por isto, e por moito máis FAITE VOLUNTARIO/A DE ACEESCA!!!