Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Área de Infancia e Xuventude

Área de Infancia e Xuventude

A Área de Infancia e Xuventude presenta un enfoque global e inclusivo do proceso da intervención educativa, que non está centrada nas dificultades dos alumnos senón en modificar a ensinanza para optimizar o proceso de aprendizaxe destes.

Desde - Hasta: - Actualmente

Na Área Infanto Xuvenil diriximos as accións principalmente a eliminar as barreiras físicas, persoais e institucionais, que limitan as oportunidades de aprendizaxe e o pleno acceso e participación de tódolos alumnos e alumnas con diversidade intelectual en actividades educativas das diferentes etapas do seu desenvolvemento, en idades comprendidas entre os 0 e 21 anos.
 

Centro de educación Especial

 
Desde 1993, Aceesca conta cun centro de educación especial que pretende unha educación inclusiva e especializada de calidade.
Desde o Centro Educativo temos como finalidade prestar os apoios necesarios para que 32 alumnos/as en etapa escolar obrigatoria, de entre 3 e 21 anos, distribuídos en nove aulas concertadas coa Consellería de Educación reciban unha resposta educativa de calidade, axustada ás súas necesidades de apoio, potenciando ao máximo as súas capacidades persoais e dotándoos/as de habilidades e destrezas que lles permitan unha Plena Inclusión.
 
Somos un equipo de 10 profesoras e profesores, 5 auxiliares e 1 directora, e contamos coa intervención do Equipo transversal da Asociación, que desde os servizos de habilitación funcional e social de Traballo Social, Psicoloxía, Fisioterapia, Logopedia, Terapia Ocupacional e mediación comunicativa, xuntos traballamos dun modo transdisciplinar con intervencións personalizadas dos/as alumnos/as, basándonos nas 8 dimensións de calidade de vida e nos seus dereitos.
 
A xornada lectiva lectiva está comprendida entre as 9:00 e as 14:00 horas, ofrecemos servicio de comedor, en horario de 14:00 a 15:00 horas, y en horario de 15:00 a 16:30 horas, levamos a cabo actividades extraescolares para conciliar coa vida laboral de las familias.
 
Traballamos dende diferentes programas formativos para darlle alcance ao máximo potencial do alumnado, centrándonos nas súas posibilidades máis que nas súas limitacións.
 
Os diferentes PROGRAMAS FORMATIVOS son:
  • Educación básica obrigatoria (EBO)
  • Transición á vida adulta (TVA): con proxectos como A Cooperativa escolar O Mistral, con actividade aprendizaxe-servicio de estampación e serigrafía, Acuín, con actividade aprendizaxe-servicio de lavado de coches e huerta, a través dos que formamos ó alumnado en habilidades prelaborais e en habilidades funcionais e significativas no tránsito para a vida adulta.
 
Nos organizamos en 5 grupos de alumnado con dous mestres cada grupo. Cada grupo está formado por dúas aulas. Deste xeito, a través da parella educativa, garantimos que o grupo, ante posibles situacións, sempre teña un mestre de referencia.
En Centro educativo traballamos con metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos, aprendizaxe-servizo e parellas educativas e seguindo o modelo de intervención con base en dereitos e calidade de vida.
 
Ademais, en Centro de educación especial CEEPR Aceesca, a través dun Convenio de Colaboración con Conselleria é:
  • CENTRO DE RECURSOS ADAPTADOS (CREA)
A través deste programa, desde o ano 2021 somos apoio de centros de educación infantil e primaria, institutos e centros de formación profesional básica, ofrecendo formación e información e colaborando nas diferentes situacións de necesidades de apoio no proceso de ensino-aprendizaxe.
Este servizo préstase baixo demanda, enviando un correo a crea.aceesca@aceesca.com ou chamando por teléfono a Aceesca e preguntando por Mari Santos, directora do centro.
 
  • ATENCIÓN TEMPERÁ
Actualmente desde a Área de Infancia e Xuventude de Aceesca xestionamos varias unidades de atención temperá incluídas na Rede Galega de Atención Temperá e a través delas damos servizo a un total de 192 nenos/as de idades comprendidas entre os 0 e 6 anos seguindo o protocolo de coordinación e o establecido no libro branco de Atención Temperá:
. Concello do Porriño, un equipo de 1 fisioterapeuta, 2 logopeda e 1 psicóloga dan resposta ás necesidades en atención temperá de 65 nenos/as e as súas familias.
. Concello de Salceda-As Neves, cun equipo formado por 2 logopedas, 1 fisioterapeuta e 1 psicóloga traballan con 72 nenos/as e as súas familias.
. Concello de Cañiza-Mondariz-Mondariz Balneario-Covelo e Melón, 1 fisioterapeuta (desde agosto terapeuta ocupacional), 1 logopeda e 1 psicóloga traballan con 55 nenos/as e as súas familias.