Ocio
O servizo de Ocio ten como obxectivo fundamental garantir e reivindicar o dereito de acceso ao ocio das persoas con diversidade intelectual, polos beneficios que isto supón para a persoa a diferentes niveis: identidade persoal, desenvolvemento da autodeterminación, mellora do benestar físico e emocional e fomento das relacións interpersoais.
Desde - Hasta: - Actualmente
Desde este servizo tratamos de ofrecerlles ás persoas usuarias un modelo de ocio centrado na persoa sendo, polo tanto, a persoa con diversidade intelectual a máxima responsable da planificación do seu tempo de ocio na comunidade. As persoas de apoio temos a función de acompañar ás persoas neste proceso, facilitándolles os recursos que precisen.
Este servizo ten unha grande demanda entre as persoas usuarias, polo que dispoñemos de diferentes modalidades na entidade, en función dos gustos e intereses de cada persoa: Ocio diúrno e Ocio nocturno.
Ademais, as persoas usuarias poden participar en diferentes excursións e viaxes ao longo do ano.
- Campamentos de verán, organizados por Aceesca.
- Campamentos de verán, organizados por Special Olympics.
- Campamentos de verán, organizados pola Xunta de Galicia.
- Viaxes do Imserso.
- Excursións dentro do programa “Coñece a túa provincia”.