Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Natación e Aquagym

Unha vez á semana diferentes grupos de persoas usuarias acoden á piscina municipal de O Porriño a practicar natación ou ximnasia na auga.

Desde - Hasta: - Actualmente

As actividades son programadas e desenvoltas por monitores especializados da piscina, contando co apoio de profesionais da entidade para a atención aos usuarios.

As ensinanzas impartidas abarcan desde a práctica da natación, ata o tratamento de diferentes patoloxías ou o uso da hidroterapia coma técnica de relaxación.

Tamén aprenden a manterse a flote, desprazarse pola superficie, estirar os músculos axudándose das paredes da piscina ou somerxerse na auga.