Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Informática

O manexo dos diferentes programas informáticos, a navegación por internet, a utilización das diferentes aplicacións nos teléfonos móbiles e, en xeral, o uso das novas tecnoloxías, son das actividades máis demandadas polas persoas usuarias.

Desde - Hasta: - Actualmente

Por iso as incluímos nas diferentes programacións a desenvolver en cada servizo, adaptando os contidos ás preferencias de cada persoa e tamén tendo en conta as capacidades e axudas técnicas necesarias.

Ademais das actividades realizadas nos centros, hai grupos de usuarios que participan nos diferentes cursos de informática impartidos na aula CEMIT (CEntros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) situada no edificio multiusos de Torneiros.

Tódolos anos veñen profesionais da UAVDI (Unidad de Atención a Víctimas con Discapacidad Intelectual) a impartir a formación de Uso seguro e responsable de internet para persoas con discapacidade intelectual.