Baile e Canto
Baile e canto é outra das actividades complementarias. Os usuarios e usuarias que participan nela elixen as diferentes modalidades que queren practicar de xeito lúdico (baile moderno, baile de salón).
Desde - Hasta: - Actualmente
Algúns dos grupos quixeron volver aos ensaios de baile e canto tradicional galego. De aí naceu “ACEESCAFOLK”, o grupo composto de persoas usuarias e voluntarias que nos representa de forma inclusiva en diferentes seráns, festas e festivais.