Lingua de Signos Española - LSE
A aprendizaxe da Lingua de Signos Española é unha das últimas actividades realizadas polas tardes a demanda dun grupo de persoas usuarias.
Desde - Hasta: - Actualmente
Quixemos dar resposta á súa inquedanza de poder comunicarse cos compañeiros e compañeiras que son xordomudos, aproveitando os coñecementos de algunhas persoas traballadoras.
Pouco a pouco aprenden os diferentes signos, e xa temos todos o noso propio nome en LSE, un signo que nos identifica e nos caracteriza.