Servizos
Servizos que ofrece Aceesca.
Psicoloxía
No servizo de Psicoloxía estamos orientados ao traballo en equipo entre as persoas con diversidade intelectual, as súas familias e os profesionais, co obxectivo de mellorar, tanto a Calidade de Vida das persoas con diversidade intelectual, como das súas familias.
Fisioterapia
Dende o servizo de Fisioterapia centrámonos na intervención de persoas que presentan un trastorno do ton e da función debido a unha lesión do SNC (Sistema Nervioso Central). Para iso, elaboramos e levamos a cabo un programa de recuperación sensitivo e cognitivo onde se abordan posibles alteracións da postura e do movemento para conseguir un maior grao de autonomía.
Logopedia
No servizo de Logopedia atendemos a persoas do centro educativo, centro de día e ocupacional que presentan algún tipo de dificultade a nivel comunicativo ou algún trastorno na alimentación-deglución.
Terapia Ocupacional
Dende o servizo de Terapia Ocupacional, centrámonos en mellorar o desempeño persoal e social das persoas a través do fomento da autonomía, na colaboración no tratamento rehabilitador interdisciplinar e en facilitar o desempeño das actividades da vida diaria no fogar e no centro.
Traballo Social
Desde este servizo, a traballadora social realiza accións dirixidas a asesorar, orientar e dar resposta ás necesidades e demandas feitas polas persoas e as familias.
Hidroterapia
Na piscina, as persoas séntense libres, e aumenta a súa capacidade e destreza para poder realizar movementos activos, que no medio terrestre resultan difíciles.