Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Logopedia

No servizo de Logopedia atendemos a persoas do centro educativo, centro de día e ocupacional que presentan algún tipo de dificultade a nivel comunicativo ou algún trastorno na alimentación-deglución.

A través deste servizo queremos mellorar as capacidades comunicativas dos/as usuarios/as, mantendo nas mellores condicións a musculatura implicada na fala e a voz, estimulando e mellorando a comprensión e a expresión, e utilizando diferentes Sistemas Alternativos e aumentativos de Comunicación (S.A.C.) para aqueles que non poden acceder á linguaxe oral (lingua de signos, comunicadores…).

Así mesmo, queremos mellorar a calidade da alimentación e nutrición, mantendo nas mellores condicións a musculatura implicada na alimentación, e traballando directamente na mastigación, manexo e deglución de diferentes alimentos.