Deporte
A actividade de deporte inclúe diversas modalidades: a práctica de deportes normalizados, a ensinanza de deportes adaptados, como a boccia, a práctica de exercicio físico normalizado, o exercicio físico adaptado a grupos con necesidades específicas, como poden ser as sesións de xerontoximnasia.
Desde - Hasta: - Actualmente
En Aceesca contamos cun Club Polideportivo que ofrece a posibilidade de participar en competicións organizadas, nas que os deportistas dan conta das capacidades desenvoltas ou adquiridas nas sesións de adestramento.
A organización das diferentes probas corre a cargo das Federacións deportivas coas que mantemos alianzas: Special Olympics Galicia e FGDA (Federación Galega de Deporte Adaptado).